Actualiza la Configuración de tus Cookies para usar esta herramienta.
Haz clic en 'Permitir todo' o solo activa 'Cookies dirigidas'
Continuando, aceptas la Política de Privacidad de Avaaz, que explica cómo pueden usarse tus datos y cómo los protegeremos.
Entendido
Usamos las cookies para analizar como los visitantes utilizan esta página y ayudarnos a ofrecer la mejor experiencia posible. Mira nuestra Política de Cookies .
OK
Alcalde de Vigo: Que derribe o edificio do Jonathan en Samil e recupere esta zona da praia

Alcalde de Vigo: Que derribe o edificio do Jonathan en Samil e recupere esta zona da praia

1 han firmado. Lleguemos a
50 Firmantes

Cerrar

Completa tu firma

,
Avaaz.org protegerá tu privacidad. y te mantendrá informado sobre ésta y otras campañas.
Esta petición ha sido creada por Vigoblog E. y no necesariamente representa la opinión de la comunidad de Avaaz
Vigoblog E.
creó esta petición para
Alcalde de Vigo
Tanto a dirección xeral de Costas como o Plan xeral de Vigo, Galicia, contemplan a eliminación de todos os usos privados e de ocio existentes sobre as antigas dunas da praia de Samil que foron urbanizadas entre os anos 1970-90, producindo graves prexuízos medioambientais e unha degradación do areal que fai perigar mesmo o seu futuro.

A finalización da concesión do restaurante As Dornas e o seu recente derribo, non virá acompañado do aumento da superficie da praia, senon que se fará unha incoherente zona verde. Sorprendentemente, a concesión recentemente rescatada do edificio do antigo Jonathan, situado no centro da praia, quere ser agora renovada por un período de 30 anos, hipotecando, desa maneira, a posibilidde de rexeneración prevista no planeamento. Non existe ningun motivo, agás intereses privados incompatibles, neste caso, co interese xeral e de sostibilidade ambiental, para esta nova concesión.

O fin da concesión do Jonathan, por falecemento da súa concesionaria, abre unha oportunidade de recuperar esta parte do Areal que, coa medida posta en marcha -e xa publicada- de reprivatizar este espazo, non será posible.
Pódese lér a argumentación completa da nosa petición neste enlace: http://vigoblog.blogspot.com.es/2014/06/a-nova-concesion-do-jonathan-en-samil.html

Queremos que se anule a convocatoria do Concurso de Concesión por 30 anos, que -como se fixo co restaurante As Dornas- se derribe o edificio do antigo Jonathan e que se redacte e execute un proxecto de rexeneración parcial das dunas da praia de Samil (non de reurbanización con "zona verde") para as áreas liberadas de usos privados correspondentes ás parcelas ocupadas polos dous antigos restaurantes citados.

Queremos que se cumpra o previsto no PXOM vixente, iniciando as fases parciais de execución que son xa posibles do proxecto integral redactado pola Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente.

Se estás de acordo e queres recuperar a nosa praia de Samil, evitando operacións especulativas que hipotequen o seu futuro, pedímosche que asines a nosa petición.

Publicado (Actualizado )